miércoles, 17 de octubre de 2012

O CENTOLEIRA - NAUFRAXIO

"O Centoleira"
5 de xaneiro de 1964
 
     Véspera de Reis, o pior regalo para un neno. O "Centoleira" disponse a saír faenar cando, a 200 metros da baía de Bouzas, foi embestido no costado de estribor polo bou "Puente de San Andrés". A colisión abríu unha vía dun metro
que provocou o afundimento inmediato do barco.


José Fernández
Patron do Centoleira
 
     A consternación en Moaña non ten adxetivos. Outra vez a fama da historia negra. Esta vez é Tirán a parroquia máis afectada, pero en realidade toda Moaña
paralizou a actividade. Choros e berros desgarradores...


 
     A tripulación estaba composta por vinte e dous homes, dos cales morreron dezasete. Os cinco salvados foron auxiliados por barcos que se atopaban na zona. Os buzos rescatarían de principio a tres cadaveres. Cando reflotaron o barco localizaron  no interior o corpo de nove homes máis.



      O día oito, a embarcación
"José y Luís" do Con, localiza un cadaver. Dous días máis tarde, o mesmo barco recupera outro náufrago.
 


Familia de Gabriel Paredes
Naufrago do Centoleira

     Volven as axudas, volven os socorros mutuos. Volven os orfanatos coa acollida de fillos. Volven as condolencias das autoridades e eminencias. Volta Quiroga Palacios, esta vez á nova igrexia do Carmen para celebrar os funerais de:


 Viudas dos naufraxos do Centoleira
José Nogueira Collazo, patrón.
Leonardo González Durán, mecánico.
Julio Collazo Gil.
Salvador Costa Juncal. 
Ángel Antonio Fernández Martínez.
José Fernández Vilariño.
José Gil Vidal.
Daniel Iglesias Chapela.
José Iglesias Malvido.
Manuel Carlos Lorenzo Alonso.
Eliseo Molanes Germade.
Gabriel Paredes Martínez.
Antonio Pena Pastoriza.
Balbino Rivas Durán.
Manuel Paredes Barreiro.
Francisco Ríos Del Río.
Manuel Ríos Del Río.




XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario