domingo, 21 de octubre de 2012

DOLMEN DO CHAN DA ARMADA


DÓLMEN
CHAN DA ARMADA
MARÍN - PONTEVEDRA
     
      Pertence ó concello de Marín (Pontevedra) aínda que está no límite co de Vilaboa. Conserva unha cámara poligonal cun corredor incipiente que se estreita progresivamente ata acadar os 50 cm de anchura na entrada.

     
      Entre os esteos da cámara poden verse unhas cuñas de pedra que evitan o aumento da presión dos soportes cara a dentro. Actualmente ten unha tampa da que non pode deducirse se é a orixinal ou si se trata dun engadido de semellantes características.



XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario