miércoles, 17 de octubre de 2012

MUIÑOS DA ANTIGUIDADE

MUIÑOS DA ANTIGUIDADE
FIGUEIRIDO


    



     O "Sendeiro Chan do Vilar" comeza nos denominados "Muíños da Antigüidade" de Figueírido, e discorre por esta mesma parroquia en sentido ascendente ata chegar ó Lago de Castiñeiras, onde poden visitarse numerosos elementos arqueolóxicos.


     



     Para chegar a este punto, dende Pontevedra collemos a N-555, dirección a Vigo. Á altura de Figueirido, temos que coller unha carreteira sinalizada á man dereita (Castileiras), e achegarnos ata o campo de fútbol desta mesma parroquia, onde se sitúa a zona de aparcamento, e polo tanto o inicio do sendeiro.


     



     Con este sendeiro pretendese crear unha ruta que sirva como punto de unión con outro dos sendeiros que existen dentro da comarca, que é a Ruta Vaipolorío, que une Figueirido con Pontevedra e co Roteiro do Morrazo. O sendeiro proposto é un Sendeiro de Pequeno Percorrido (PR-G), o cal comeza nos muíños de Figueirido, visitando tanto elementos etnográficos como culturais que se atopan nun fermoso entorno natural, e rematando na Lagoa de Castiñeiras

      



Valores da ruta:
    
Este sendeiro ten un gran interés natural, etnográfico e arqueolóxico, onde o visitante pode disfrutar de paraxes naturais, (Lagoa de Castiñeiras, unha fermosa lagoa artificial. - mirador do Monte Pelado ou Chan da Cruz. - sobreiral. ), visitar dous muíños e coñecer varios elementos arqueolóxicos como a Mámoa do Rey, un conxunto de varias mámoas no lugar de Chan da Cruz, un dolmen situado no entorno da Lagoa de Castiñeiras.

    



Descrición do percorrido:

     Este sendeiro forma unha ruta lineal, comezando nos muíños de Figueirido e rematando nunha mámoa restaurada situada no entorno do Lago Castiñeiras, acadando uns 6 kilómetros e trescentos vintecinco metros de lonxitude ( só ida).
( O desnivel que soporta este sendeiro son 430 metros).


      


     
     Continuamos por un camiño de terra que leva ata a zona da ponte militar. Ó pasar esta ponte seguimos o camiño e atopamos un lavadoiro que aínda se atopa en uso e o seu carón unha fermosa fonte de pedra. 


    


      Seguindo o sendeiro en sentido ascendente chegamos ata unha antiga Mina de Auga. Ós poucos metros atópase a Pedra de Reparto, na zona cercana ó Viveiro Forestal. Continuando a ruta ascendemos por un tramo de gran valor paisaxístico que sobe ata a Chan da Cruz ou Monte Pelado, dende onde se poden divisar fermosas vistas. O sendeiro continúa ata un lugar coñecido como a Rega, onde se aprecia un agradable entorno natural. Crúzase o pobo e comeza unha subida que nos leva ata o Sobreiral, unha fermosa paraxe baixo a sombra destas fermosas árbores. Metros máis adiante chegamos ó pobo de A Graña, onde pode visitarse un antiga fonte ubicada na salda do pobo. Ó pasala Graña, subindo cara Cotorredondo, pasamos por unha zona de gran interés arqueolóxico, onde se atopan enterramentos tumulares e mámoas, situados no entorno da Lagoa de Castiñeiras. Poden visitarse a Mámoa do Re¡, un conxunto doutras pequenas mámoas.O sendeiro pon o seu fin no Lago Castiñeiras, unha fermosa área de descanso o recreo. 
 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario