miércoles, 17 de octubre de 2012

MUIÑOS DO CANUDO

MUIÑOS DO CANUDO
BUEU
PONTEVEDRA
 
      
 
 
      A historia de Bueu agóchase nas pedras das suas igrexas, das súas ermidas, dos seus cruceiros, dos seus pazos e incluso nas dos seus muiños... E alí repousa no seu eterno letargo, silenciosa, como gardando os miles de segredos de navegantes, de piratas, de abades, de muiñeiros, de namorados.
 
 
     
 
 
      Desde o románico espectacular da igrexa de Santa María de Cela ata a particular visión do mundo que quixo deixar plasmada Urbano Lugrís na capela de Santos Reis pasando pola maxestuosa igrexa de San Martiño de Bueu que vixía como con receo o peirao agardando inqueda a chegada dos piratas dos que chegaban novas da veciña Cangas ou agardando a chegada dos seus mariñeiros.
 
 
    
 
 
      Na capela de San Amedio ainda, cando o nordés bate no inverno, seméllase escoitar aquela fermosa cantiga medieval...

Amigo, se mi gran ben queredes,
id'a San Mamed'e veer-m'-edes:
hoje non mi mençades, amigo.
Pois mi aquí ren non podedes dizer,
id'u hajades comigo lezer:
hoje non mi mençades, amigo.
Serei vosqu'en San Mamede do Mar,
na ermida, se mi o Deus aguisar:
hoje non mi mençades, amigo.
 
 
    
 
 
      Ou os muiños, que tratan de avanzar nos ríos Bispo e Frade subindo inesgotables a ladeira tratando de chegar a Meiro, onde lle espera unha prácida devesa sementada con millo corvo. Muiños onde antigamente os veciños se reunían, onde a mocidade se namoraba, onde o millo transformábase en tradicións que, a dia de hoxe, todavía perduran e semellan rexurdir.
 
    
 
 
      Camiñando polas vereas da vila, á noitiña, aínda se pode sentir a inquedanza das xentes, un sentimento que cesa ó sentirse ó abrigo dos cruceiros. Estes fican quedos, vixiantes agardando a chegada dunha Santa Compaña da que ninguén sabe nada, ou da que ninguén quere falar....
 
 


XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario