O Ave do Mar
As 12 do mediodía do día 10 de novembro de 1956 atracou o porto de Vigo a lancha Quitin, con dous cadáveres abordo.
O patrón da lancha na súa declaracion dixo que sobre as 7 da mañá cando se dispoñia a dar o lance de amanexo a altura das illas Cíes, atopouse flotando no mar con restos dun naufraxio . Todo isto no medio dunha enorme vaga de mar e dun forte cerrazón.
Inspeccionou a zona e topou eses dous corpos que con moita dificultade puderon embarcar .
Os cadáveres recollidos pola tripulación do Quitin resultaron ser os do patrón de costa do “Ave do Mar” , Francisco Nogueira Iglesias e o do mariñeiro tamén do mesmo barco Manuel Eiroa.
O Ave do Mar era unha tarrafa con base en Moaña e tiña abordo 26 tripulantes dos que ningún se salvou.
Parece ser que volvendo para porto a altura das illas Cíes tocou nas rochas da illa San Martiño , esnaquizándose en poucos minutos e non dando tempo a que ningún membro da tripulación salvase a súa vida.
Na prensa local escribíase o seguinte uns días despois.
“ Debido al trágico hecho se suspendieron las fiestas patronales en Moaña de donde eran la totalidad de los miembros de la tripulación. Se da la triste casualidad que en el naufragio hubo dos casos en que murieron padre e hijo.
El buque fue localizado el día 17 en los bajos que rodean la isla de San Martiño, siendo extraídos de su interior, por medio de buzos , 11 cadáveres. Entre los buzos que trabajaron en la recuperación de los náufragos figuraban miembros del equipo de Mr. Potter que trabajaban en Rande con fin de extraer los tesoros de la flota de indias.
En lembranza de este naufraxio erixiuse no cumio da punta Galera que esta sobre do acantilado da illa de San Martiño unha cruz na que reza a seguinte inscrición:
En memoria de los 26 tripulantes del pesquero de Moaña AVE DEL MAR, que han perecido aquí, en la madrugada del día 10 de noviembre de 1956: Esta cruz se coloca por iniciativa de los pescadores de Moaña y con el auxilio de otros organismos y de los familiares de las victimas.
Lista de tripulantes do Ave do Mar
MANUEL PASTORIZA PALMAS
MANUEL SANTOME SOUTO
JOSE BANCO CANCELAS
JOSE MARTINEZ MARTÍNEZ
JOSE CARRERA PARADA
RAIMUNDO GRAÑA PALMAS
MANUEL PEREZ PARADA
JESUS COSTA COSTA
MANUEL EIROA SANTOME
JESUS COUSO PAREDES
JOSE BLANCO SOUTO
ATILIO ENTENZA PADIN
ANTONIO ALFONSO GARCIA PIÑEIRO
BALBINO DOMINGUEZ ENTENZA
RICARDO DEZA SEQUEIROS
BALBINO IGLESIAS CARRERA
FRANCISCO NOGUEIRA IGLESIAS
AGUSTIN PAREDES SOUTO
ANTONIO FERVENZA GESTIDO
JOSE PEREZ RODRIGUEZ
MANUEL SANTOME SOUTO
JOSE BANCO CANCELAS
JOSE MARTINEZ MARTÍNEZ
JOSE CARRERA PARADA
RAIMUNDO GRAÑA PALMAS
MANUEL PEREZ PARADA
JESUS COSTA COSTA
MANUEL EIROA SANTOME
JESUS COUSO PAREDES
JOSE BLANCO SOUTO
ATILIO ENTENZA PADIN
ANTONIO ALFONSO GARCIA PIÑEIRO
BALBINO DOMINGUEZ ENTENZA
RICARDO DEZA SEQUEIROS
BALBINO IGLESIAS CARRERA
FRANCISCO NOGUEIRA IGLESIAS
AGUSTIN PAREDES SOUTO
ANTONIO FERVENZA GESTIDO
JOSE PEREZ RODRIGUEZ
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario