O AIRE
na
CULTURA DO MORRAZO
na
CULTURA DO MORRAZO
Un elemento importante para os galegos é o aire. Pódese ser alento, cando vén de dentro, aire de casa e aire de fóra.
O aire contén forzas misteriosas e influencias daniñas; non ten forma
concreta. Os remuíños de aire son máxicos e sempre perigosos. Evítase
exporse a correntes de aire.
Unhas veces os aires malignos
son una especie de exhalación de determinadas persoas: aire de morto,
de excomungado ou de certos animais: aire de sapo, de toupa ou de
píntega. Non son aires propiamente, senón influencia maléfica que se
transmite por el. Confúndense coas sombras, de persoas ou animais, que
asombran.Outras veces confúndense coas correntes naturais de aire, que
rompen e derruban cousas. Certas correntes naturais de aire poden
seca-las terras, os froitos, deixar á xente sen ánimo ou producir certas
enfermidades: catarro, lumbago, parálise…
Aire de dentro
Para os antigos habitantes de Galicia, os cabalos eran fillos do vento
e dunha egua, fecundada por aquel. Para os indoeuropeos, o cabalo era o
vehículo da alma, que levaba as almas dos mortos ó recinto das
sombras; pero era tamén fonte de vida, como Pegaso, e
atraía á terra a luz que anima e vivifica tódolos seres e tódalas
cousas.Esta relación vento-cabalo e cabalo-alma confírmano-la relación
vento-alma-outro mundo. As casas antigas da Galicia oriental tiñan
poucas ventás e, ademais, reducidas. Sen nega-las razóns climáticas,
quizais foron feitas coa intención e protexe-lo aire de dentro contra o
aire de fóra. O primeiro está habitado pola xente da casa e polas almas
dos antepasados; o de fóra, por outros seres que poden ser perigosos.
O alento é a vida, no momento da morte dunha persoa debían cubrirse os espellos da casa para que o alento non quedase pegado e o defunto non vagase para sempre.
O alento é a vida, no momento da morte dunha persoa debían cubrirse os espellos da casa para que o alento non quedase pegado e o defunto non vagase para sempre.
O respecto polos aforcados explícase por ser un morto cos espíritos dentro, xa que o alento non puido saír do seu corpo.
As máscaras do entroido golpeaban con vexigas de porco inchadas ás
mulleres casadas sen descendencia, quizais porque o aire é fecundante.
Aire de fóra
Os malos espíritos e as bruxas habitan no aire de fóra, están no aire
os nubeiros ou seres que producen e controlan a chuvia, hai que pechar
ventás e ata tapa-los buratos das pechaduras.
As persoas -vivas ou mortas- poden botar malos aires. Os nenos poden
colle-lo aire dun defunto se entran no cuarto do cadáver ou lles "toca" a
sombra da caixa o día do enterro.
Os animais tamén poden bota-lo aire: é perigoso o aire de sapo, da
serpe cando voa cara a un río ou das femias en celo de certas especies.
Os aires son os espíritos perigosos que habitan o aire exterior
No hay comentarios:
Publicar un comentario