MUIÑOS DA ANTIGUIDADE
FIGUEIRIDO
O "Sendeiro Chan do Vilar" comeza nos denominados "Muíños da
Antigüidade" de Figueírido, e discorre por esta mesma parroquia en
sentido ascendente ata chegar ó Lago de Castiñeiras, onde poden
visitarse numerosos elementos arqueolóxicos.
Para chegar a este punto, dende Pontevedra collemos a N-555,
dirección a Vigo. Á altura de Figueirido, temos que coller unha
carreteira sinalizada á man dereita (Castileiras), e achegarnos ata o
campo de fútbol desta mesma parroquia, onde se sitúa a zona de
aparcamento, e polo tanto o inicio do sendeiro.
Con este sendeiro pretendese crear unha ruta que sirva como punto de unión con outro dos sendeiros que existen dentro da comarca, que é a Ruta Vaipolorío, que une Figueirido con Pontevedra e co Roteiro do Morrazo. O sendeiro proposto é un Sendeiro de Pequeno Percorrido (PR-G), o cal comeza nos muíños de Figueirido, visitando tanto elementos etnográficos como culturais que se atopan nun fermoso entorno natural, e rematando na Lagoa de Castiñeiras
Valores da ruta:
Este sendeiro ten un gran interés natural, etnográfico e arqueolóxico, onde o visitante pode disfrutar de paraxes naturais, (Lagoa de Castiñeiras, unha fermosa lagoa artificial. - mirador do Monte Pelado ou Chan da Cruz. - sobreiral. ), visitar dous muíños e coñecer varios elementos arqueolóxicos como a Mámoa do Rey, un conxunto de varias mámoas no lugar de Chan da Cruz, un dolmen situado no entorno da Lagoa de Castiñeiras.
Este sendeiro ten un gran interés natural, etnográfico e arqueolóxico, onde o visitante pode disfrutar de paraxes naturais, (Lagoa de Castiñeiras, unha fermosa lagoa artificial. - mirador do Monte Pelado ou Chan da Cruz. - sobreiral. ), visitar dous muíños e coñecer varios elementos arqueolóxicos como a Mámoa do Rey, un conxunto de varias mámoas no lugar de Chan da Cruz, un dolmen situado no entorno da Lagoa de Castiñeiras.
Descrición do percorrido:
Este sendeiro forma unha ruta lineal, comezando nos muíños de Figueirido e rematando nunha mámoa restaurada situada no entorno do Lago Castiñeiras, acadando uns 6 kilómetros e trescentos vintecinco metros de lonxitude ( só ida).
( O desnivel que soporta este sendeiro son 430 metros).
Continuamos por un camiño de terra que leva ata a zona da ponte militar. Ó pasar esta ponte seguimos o camiño e atopamos un lavadoiro que aínda se atopa en uso e o seu carón unha fermosa fonte de pedra.
Seguindo o sendeiro en sentido ascendente chegamos ata unha antiga
Mina de Auga. Ós poucos metros atópase a Pedra de Reparto, na zona
cercana ó Viveiro Forestal. Continuando a ruta ascendemos por un tramo
de gran valor paisaxístico que sobe ata a Chan da Cruz ou Monte
Pelado, dende onde se poden divisar fermosas vistas. O sendeiro
continúa ata un lugar coñecido como a Rega, onde se aprecia un
agradable entorno natural. Crúzase o pobo e comeza unha subida que nos
leva ata o Sobreiral, unha fermosa paraxe baixo a sombra destas
fermosas árbores. Metros máis adiante chegamos ó pobo de A Graña, onde
pode visitarse un antiga fonte ubicada na salda do pobo. Ó pasala
Graña, subindo cara Cotorredondo, pasamos por unha zona de gran
interés arqueolóxico, onde se atopan enterramentos tumulares e mámoas,
situados no entorno da Lagoa de Castiñeiras. Poden visitarse a Mámoa
do Re¡, un conxunto doutras pequenas mámoas.O sendeiro pon o seu fin
no Lago Castiñeiras, unha fermosa área de descanso o recreo.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario