IGREXA DE OS PRACERES
NOITE
LOURIZAN
NOITE
LOURIZAN
PONTEVEDRA
A altura máxima é de 100 m. A costa é recortada e os accidentes costeiros máis salientábeis son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres e as praias de Lourizán e Praíña.
Lourizán dista 4 kms. da capital do concello e comunícase por medio da autovía Pontevedra-Marín. Existe tamén a estrada antiga por onde circula, principalmente, o transporte público.
Conta cuns 4.000 habitantes repartidos nas entidades de Agrovello, Carballeira, Caritel, Camboa, Cunchidos, Estrivela, Igrexa, Meán, Nogueiras, Outeiro, Pexegueiro, Praceres, Regueiriño, Rial, Rorís e Rozo.
Na parroquia atópanse varios petroglifos. O lugar de maior interese é o Pazo de Lourizán, finca da veraneo da familia Montero Ríos e hoxe Centro de Investigacións Forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e a capela de Santo André.
A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres, normalmente no mes de maio.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario