MUIÑOS
de
A LAXE, SANTOS e VILAR
MEIRO - BUEU
PONTEVEDRA
A historia de Bueu agóchase nas pedras das suas igrexas, das súas
ermidas, dos seus cruceiros, dos seus pazos e incluso nas dos seus
muiños... E alí repousa no seu eterno letargo, silenciosa, como
gardando os miles de segredos de navegantes, de piratas, de abades, de
muiñeiros, de namorados.
Desde
o románico espectacular da igrexa de Santa María de Cela ata a
particular visión do mundo que quixo deixar plasmada Urbano Lugrís na
capela de Santos Reis pasando pola maxestuosa igrexa de San Martiño de
Bueu que vixía como con receo o peirao agardando inqueda a chegada dos
piratas dos que chegaban novas da veciña Cangas ou agardando a
chegada dos seus mariñeiros.
Na capela de San Amedio ainda, cando o nordés bate no inverno, seméllase escoitar aquela fermosa cantiga medieval...
Amigo, se mi gran ben queredes,
id'a San Mamed'e veer-m'-edes:
hoje non mi mençades, amigo.
Pois mi aquí ren non podedes dizer,
id'u hajades comigo lezer:
hoje non mi mençades, amigo.
Serei vosqu'en San Mamede do Mar,
na ermida, se mi o Deus aguisar:
hoje non mi mençades, amigo.
Ou os muiños, que tratan de avanzar nos ríos Bispo e Frade subindo
inesgotables a ladeira tratando de chegar a Meiro, onde lle espera unha
prácida devesa sementada con millo corvo. Muiños onde antigamente os
veciños se reunían, onde a mocidade se namoraba, onde o millo
transformábase en tradicións que, a dia de hoxe, todavía perduran e
semellan rexurdir.
Camiñando polas vereas da vila, á noitiña, aínda se pode sentir a
inquedanza das xentes, un sentimento que cesa ó sentirse ó abrigo dos
cruceiros. Estes fican quedos, vixiantes agardando a chegada dunha
Santa Compaña da que ninguén sabe nada, ou da que ninguén quere
falar....
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario